Sunday 08 de September de 2024

Información dos puntos violeta na Festa da Dorna (colabora a Cofradía da Dorna co CIM)


Festas da Dorna (colabora a Cofradía da Dorna co CIM)

Unha carpa con dúas profesionais expertas en igualdade e prevención de violencia de xénero e outras violencias machistas, especialmente a sexual.

Colaboración de 7 bares de Ribeira como Puntos Violeta. Estarán identificados cunha pegatina na porta cun código QR que os redirixe á información dos dípticos que tamén teremos na carpa para repartir e informar.

Bares Cocoluche, Recoveira, Esmorga, Horseluis, Tasca do Barbanza e Galeón

A Carpa durante as festas da Dorna estará os días:

19 de xullo: de 23 a 4 horas en Bandourrío

24 de xullo: de 23 a 4 horas no Malecón.

OBXECTIVOS DOS PUNTOS VIOLETA

· Sensibilizar na erradicación da violencia machista e, máis concretamente, da violencia sexual, proporcionando información sobre estas materias.

· Proporcionar información sobre a finalidade dos puntos e sobre os recursos e servizos especializados cos que conta o concello e a nosa comunidade en materia de violencia de xénero e outras violencias machistas.

· Atender e, no seu caso, acompañar a mulleres ou adolescentes, que sufran algún tipo de violencia de xénero, en especial, violencia sexual, ou a persoas que sufran outras violencias machistas.

· Informar ás persoas que presencien algunha manifestación relacionada coas violencias machistas, sobre a súa actuación.

Prestacións proporcionadas

Os puntos violeta proporcionarán catro tipoloxías de prestacións:

– sensibilización a través da dinamización de actividades específicas.

– información relacionada coas violencias machistas (en especial, a violencia sexual e a LGTBI fobia), recursos existentes e teléfonos de interese.

– atención e acompañamento ante posibles casos de agresión machista.

– asesoramento a persoas que presenciaron unha agresión machista para saber como actuar